As Fermosas

 

 

  • Inicio
  • Historia
  • Arredores
  • O Concello
  • Galeria de Imaxes
  • Vídeos
  • Blog

Historia

Picture
 A historia do concello de Carballeda de Avia está intimamente ligada a da comarca da que forma parte, as terras do Ribeiro. Cabe destacar que foi escenario das Guerras Irmandiñas, e tamén das disputas entre diversas casas señoriais como a dos condes de Lemos, a dos condes de Monterrei ou a dos condes de Ribadavia. Asemade, mosteiros como o de Celanova, o de Melón ou o de Oseira tamén se disputaron a súa administración e control. No Antigo Réxime o actual concello estaba dividido en distintas xurisdicións: A xurisdición señorial de Ribadavia, a de A Veiga e a de Carballeda estaban baixo o dominio do conde de Ribadavia, o couto redondo de Beiro era responsabilidade do mosteiro compostelán de San Martiño Pinario e o resto de xurisdicións eran administradas polos mosteiros anteriormente citados, principalmente o mosteiro de Melón.
  Foi no ano 1820 cando se constituiu por 1ª vez o concello de Carballeda de Avia feito polo que se cumpren agora 200 anos!. A súa duración foi efímera pois tivo a mesma vida que a do réxime constitucional establecido durante o trienio liberal, xusto ata 1823. Unha vez restaurada de novo a Constitución absolutista en 1835, as parroquias que integraban o concello foron repartidas entre os de Beade e Ribadavia. Pero esta situación cambiaría de novo en 1858 cando se segregaron de Ribadavia unha serie de parroquias que materializaron a segunda configuración do concello de Carballeda de Avia. O concello foi novamente ampliado en 1861 e 1864 en perxuizo do de Beade. No que se refire á administración xurídica, desde 1820 dependeu sempre do partido xudicial de Ribadavia.


Picture
Imagen

Xeografía Humana

  A evolución demográfica do concello de Carballeda de Avia ao longo dos últimos 110 anos foi claramente negativa (en 1887 contaba cunha poboación que duplicaba a de 1996). Dende aquela primeira data sucedéronse etapas alternas de crecemento e retroceso demográfico en función, principalmente, da incidencia da emigración e dunha dinámica natural xa negativa. De 1887 a 1910 a poboación creceu a un ritmo medio do 0,49% anual, mais este incremento non durou moito tempo pois comezou a perder poboación na década de 1910 a un ritmo do 0,4% de media cada ano. Porén, nos anos vinte e trinta o crecemento foi continuado; cada ano sumou un 0,31% e acadou en 1940 o máximo continxente de poboación do s XX, debido a ruptura da tendencia emigratoria que provocaran na década anterior a crise económica mundial e a Guerra Civil. Os anos posteriores volveron ser de recesión poboacional, pois perdeu ata 1970 unha media do 1,02% anual. Despois dunha circunstancial recuperacion nos anos setenta (1,2% de crecemento anual medio) as perdas demográficas pasaron de ser moderadas a moi fortes (-2.45% de media cada ano), especialmente durante os anos oitenta.
O resultado desta evolución é unha poboación moi avellentada, onde os menores de 20 anos representan só o 15,9% da poboación, fronte os maiores de 64 anos que constitúen o 30,58%. A distribución por sexos amosa un certo desequilibrio a prol das mulleres, que constitúen o 52,06% da poboación.

Xeografía Económica

  Carballeda de Avia é un concello esencialmente agropecuario, como reflicte o feito de que neste sector de actividade traballa o 47,9% da poboación ocupada (1996). A superficie cultivada esténdese polo 15,2% do territorio municipal. Os principais cultivos son o millo e o viñedo, que abranguen, respectivamente, o 43,82% e o 30,76%da superficie cultivada, e a pataca que ocupa un posto bastante modesto (6,6 % das terras de labor). Aos pastos dedícaselles un espazo reducido (só un 4,1% da superficie) feito que reflicte a importancia outorgada á ganderia: o armentio bovino suma so 136 vacas (1997), predominantemente con orientación cárnica. Maior importantacia posúen as granxas avícolas, afiliadas en gran parte á cooperativa COREN. A industria da traballo a unha modesta porcentaxe da man de obra (17,3% [1996]), xa que só existen pequenos talleres de escasa repercusión fóra do ámbito local. A construcción emprega ao 14,8% da poboación ocupada (1996), que atopa traballo na actividade do sector no Carballiño e en Ribadavia. Destacan tamén certas actividades industriais derivadas do sector do granito que é moi abundante en todo o concello. O sector terciario é a segunda fonte de emprego, pois acolle ao 20% dos traballadores (1996), malia o limitado equipamento comercial e de servicios do concello; porén, a maior parte dos integrantes do sector traballan nas cabeceiras comarcais máis cercanas.
Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Historia
  • Arredores
  • O Concello
  • Galeria de Imaxes
  • Vídeos
  • Blog