|
|
|
Esta
páxina pretende acercar virtualmente estes lugares a toda
aquela xente que marchou da súa terra e que nunca voltou
ou que o fai con menos frecuencia da que desexa e tamén
ás xeracións posteriores que non coñecen a
terra dos seus maiores.
As
Fermosas é unha aldea do concello de Carballeda de Avia pertencente
á comarca do Ribeiro. Está situada nas estribacións
montañosas limítrofes cos concellos de Avión,
Melón e o concello de Covelo, xa na provincia de Pontevedra.
A súa altitude oscila entre os 650 e os 700 m e o seu clima
é o característico dunha zona de montaña con
abundantes chuvias e ventos fortes no inverno.
As
noites son máis frias no verán con respecto á
zona do Ribeiro, de menos altitude. Pola contra, nos días
de inverno que non hai borrascas senón anticiclóns,
disfrútase do sol dende a 1ª hora da mañá,
mentres que no Ribeiro a néboa é persistente e, con
frecuencia, incluso permanece as 24 horas. A súa situación
privilexiada permítelle gozar dunha vista panorámica
sin comparación. Practicamente se pode observar todo o val
do Ribeiro a excepción da súa capital, Ribadavia, que queda oculta
por un monte. Comezando pola esquerda podemos contemplar O Carballiño,
Cenlle, San Andrés, Esposende, Valdepereira, San Cristovo, Castrelo,
San Paio e, xa na dereita, unha pequena parte de Arnoia. Preme para ver a vista panorámica.
|
|

Achegáronse:---

visitantes
Novas


|