|

Moitos traballos sobre a historia de Galicia coinciden en que a súa poboación non sufriu grandes cambios ao longo da historia. Aínda que houbo presenza dos Suevos e dos Romanos, esta presenza non foi moi significativa para o total. Tampouco houbo asentamentos de poboación procedentes doutras zonas da península, feito que si tivo lugar noutras partes do territorio do estado.
Tamén se sabe que sempre houbo un gran número de asentamentos ou núcleos con xente distribuidos ao longo de todo o seu territorio. Proba delo é o gran número de castros que existe e os que quedan aínda por descubrir ou excavar. De feito, estímase que corresponde unha media de un castro por parroquia!! (según reflicte Rubén García Álvarez no seu estudo de 1953 "Castros de un valle gallego - los del Ribeiro de Avia"). Varias poden ser as razóns coas que se pode explicar esta diseminación, por exemplo a orografía do terreo ou a abundancia de auga para asentarse!!
O mapa do Dr Rubén García non menciona ningún castro co nome de Vilar de Condes xa que, como el mesmo indica, considera a esas terras como xa non pertenecentes ao Ribeiro. O caso é que dado que cataloga castros en Moimenta e mesmo en Vilariño, o lóxico sería que tamén hobese asentamento castrexo no entorno de Vilar de Condes.
Recentes descubrimentos confirman esto último. Atopáronse petroglifos (tipo coviñas) e un sepulcro escavado en pedra que se atopa volteado e parcialmente danado. (este último xa era coñecido por algunha xente da parroquia) nunha pequena elevación que puido albergar un pequeno castro en tiempos pasados.

.