As Fermosas

 



 
  • Inicio
  • Historia
  • Arredores
  • O Concello
  • Galeria de Imaxes
  • Videos
  • Blog
As Fermosas como tantos lugares de Galicia sufriu o drama da emigración. Nuns primeiros momentos o destino foi Cuba pero estas saídas non foron significativas pois trátábase de poucos emigrantes e voltaron pronto, algúns máis pobres do que foron. Non houbo o fenómeno "indiano" como si ocurriu noutros lugares do pais.
No seu conxunto o groso das saídas producíronse nas décadas dos 40-50 e nas décadas dos 60-70.
As Fermosas
en Facebook
Destino
Total persoas
Volveron
Cuba
6
5

A emigración nos anos 20

Nos anos 20 a emigración non foi moi significativa. O destino para os cinco varóns que marcharon foi Cuba. Voltaron aos pucos anos sen obteren éxito nos seus desexos de progreso.

A emigración nas décadas dos 40-50

A emigración nestas décadas,como no resto de galicia, tivo como destino as terras do outro lado do atlántico.
Os principais paises de destino foron Arxentina, Urugüay e Brasil. México ou Venezuela non foron destinos nesta parroquia e tampouco en xeral no concello, pero no veciño concello de Avión Mexico foi maioritario como ben é sabido.

Destino
Total persoas
Volveron
Arxentina
14
1
Urugüay
4
1
Brasil
2
1
Destino
Total persoas
Volveron
Alemania
10
9
Suiza
7
7
Francia
1
1

A emigración nas décadas dos 60-80

Durante as décadas dos 60 e 70 a Emigración a Europa, sobre todo a Alemania, desenvolveuse de maneira xeral mediante un proceso controlado e organizado. Marchábase xa con contrato (de aprendiz normalmente) e o pais de acollida contaba con instalacións e servicios para a man de obra que chegaba. Ao contrario do que acontecia coas décadas anteriores, a proximidade destes novos paises de destino permitía visitar o fogar polo menos unha vez ao ano.
Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.
  • Inicio
  • Historia
  • Arredores
  • O Concello
  • Galeria de Imaxes
  • Videos
  • Blog